Skip to main content

Palleira de Roque

Bermés do Fondo, 7A
Categoría Casa rural

A Palleira de Roque é unha casa de alugueiro íntegro situada a poucos quilómetros de Lalín. A vivenda, restaurada en 2005, distribúese en dúas plantas e atópase anexa á casa dos propietarios. A planta baixa conta cun salón, unha cociña e un aseo. O salón dispón de biblioteca e cheminea de leña, mentres que a cociña está equipada con enxoval, vaixela para oito persoas, cociña eléctrica, neveira, lavadora e microondas.

Na planta alta atópanse tres habitacións dobres: unha delas con dúas camas e baño privado, e outras dúas con cama de matrimonio que comparten un baño. A casa dispón de calefacción e acceso a internet mediante Wi-Fi. No exterior, a Palleira de Roque ofrece varias instalacións de uso común, como aparcamento propio, barbacoa, cenador, piscina e un campo de petanca.

Contacto
  • Bermés do Fondo, 7A
    36517
  • Lalín
  • 609 542 296
Localización