A Casa do Avó foi edificada a comezos do século XX, restaurada e adaptada como aloxamento rural en 2002, incorporando todas as comodidades actuais sen perder en ningún momento a súa esencia galega. A súa decoración combina pezas familiares recuperadas e mobles da mesma época, conservados con respecto polo seu valor histórico e pensados para manter a súa funcionalidade.
Situada no tranquilo pobo de Codeseda, conta con seis habitacións dobres, todas elas exteriores, con baño privado, calefacción e televisión. Cada dormitorio leva o nome dunha flor autóctona en homenaxe á Avoa, apaixonada do seu xardín, e cada unha transmite un carácter propio.
A vivenda ofrece un amplo e acolledor salón con cheminea, ademais dunha sala destinada á lectura e aos xogos de mesa. Dispón tamén dunha espazosa cociña e un comedor con acceso directo ao patio, onde se sitúan o asador e a mesa de ping-pong. No xardín, rodeada de árbores froiteiras, atópase a piscina, ideal para gozar durante os meses de verán. Xunto a ela álzase un hórreo tradicional e unha zona de randeeiras.