Skip to main content
Innovación para o turismo

Sobre SmartGuide

A plataforma turística SmartGuide para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes é un proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra que pon en valor os seus principais recursos turísticos, vertebrándoos arredor dos Camiños de Santiago que as atravesan. Trátase dunha iniciativa que busca mellorar a interpretación dos Camiños de Santiago que pasan polas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, así como dos principais recursos turísticos, ofrecendo ás persoas visitantes e á cidadanía información de interese dun xeito innovador mediante servizos personalizados e experiencias inmersivas. Esta actuación enmarcase no PSTD Deza e Tabeirós-Terra de Montes, regulado polo Real Decreto 1073/2021, de 7 de deiembro, dentro do Plan Nacional de Sostenibilidad Turística en Destinos Xacobeo 2021, e está financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR).

5 camiños
Integra cinco rutas xacobeas que atravesan ambas comarcas.
Experiencias inmersivas
Inclúe mapas, vídeos, audioguías e visitas virtuais interactivas.
+300 recursos
Reúne patrimonio, natureza, gastronomía, servizos e aloxamentos.
Turismo sostible
Impulsa un destino máis dixital, accesible e desestacionalizado.
Estás listo para descubrilo?

Descubre o territorio. Percorre os seus camiños. Vive a súa historia.

Un único punto de información
Camiños de Santiago como eixo
Contido pensado para explorar
Tecnoloxía ao servizo das persoas visitantes