Skip to main content

O Xulia

Av. Santiago, 12
Categoría Restaurante

O Xulia é un restaurante situado na Estrada que suma máis de dúas décadas de traxectoria e conta coa segunda xeración á fronte do negocio. Ofrecen tanto almorzos como comidas e ceas cunha proposta versátil que inclúe peixes, mariscos, carnes, verduras, bocadillos, pratos combinados e hamburguesas. A súa prioridade é que te sintas como na casa desde o primeiro momento. Dispón de dous comedores con capacidade para 32 e 50 persoas, perfectos para encontros familiares, grupos ou eventos especiais.

A historia de O Xulia comeza en decembro de 1999, cando abriu as súas portas O Café de Xulia, con Pepe e Julia á fronte dun local centrado na preparación de bocadillos, hamburguesas e pratos combinados. Co paso do tempo, a forma de entender a cociña galega foi evolucionando, experimentando un cambio definitivo coa incorporación da segunda xeración. Hoxe, é esta xeración quen lidera este proxecto no que a cociña se entende como un acto de amor e a mesa como un espazo para compartir.

Contacto
  • Av. Santiago, 12
    36680
  • A Estrada
  • 986 571 540
Localización